PDF PARA TRABALLAR NAS AULAS.

Xullo 7th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

Aquí tedes o pdf que acompaña á parte titulada: Somos, nela trabállanse os topicos identitarios.Tópicos identitarios

TERCEIRA CATEGORÍA. MONÓLOGOS PREMIADOS

Abril 27th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

Aquí tedes os monólogos de Cristina ( 1º premio) e Rubén ( 2º premio).

Desfrutádeos, porque non teñen desperdicio.

Ola ,sen hache , boas tardes galegos galegas e aspirantes a .

Se teño que falar sobre ditos faréino sobre os que se din de verdade , non dos que falades no blog este que non os dí nin a nai que os fundou.

Os galegos de verdade non somos así. Imos falar en serio , se queres falar como un galego , ser un galego , tes que pasar por unha serie de situacións barra experiencias , vivencias. Poderíase dicir que ,os galegos temos as nosas táboas de Noe ,unha especie de mandamentos .

O primeiro . Honrarás o Porco Bravo por riba do resto de debuxos animados . Se non viches o Xabraín Club , non tes infancia así que mellor que marcha.

O segundo. Non nomearás o nome de Galloso en vano . O Luar neste lugar é Terra Santa.

O terceiro . Non matarás as vellas que te atacan tirándote das bochechas. Reprime as túas ansias , reprime as ganas de matar  ante os seus “ Haiiiiii xa levas unha moza “ ; é curioso porque vente todos os días , e non creo que houbera ningún lapsus temporal para que crecerá 50 centímetros . Pensa que a todas as cochas chégaslle o seu San Martiño.

O cuarto . Dividirás a ración de pan para comer o pulpo , porque senón quedas sen el e non hai con que mollar .

O quinto. Santificarás o cocido, xa leve repolo ou leve grelos porque a avoa tómase mal que non o tomes .

O sexto. Dirás “ non che sei neniño “ como testimonio incerto ante as preguntas que non sepas responder ,  sempre será mello quedar coma un indeciso que coma un pailán.

O séptimo.Soportarás os vellos verdes nas festas e romerías ata que che intenten meter man. Se che din : “Nena , gastas pista “ dislle que a chupen e se queren compartir cuspe , cúspelles na cara e que relaman se queren.

O oitavo. Mantendrás a rivalidade entre o Depor e o Celta ata que este último suba primeira ; esto máis que un mandamento sería un milagre , pero imos deixalo estar .

O noveno , calificarás coma milagre os días que non chova en Santiago , agora fai moito sol pero se es galego galego sabes que niso tivo wqeu ver o Apóstol fixo .

E décimo e máis importante . Levarás o acento como reivindicación do orgullo que é ser galego , non intentes ocultalo que acabarás caendo no castrapo é quedarás como un parvo .

Estas son as nosas tablas , gracias por escoitalas . Por certo gracias a Gadis pola sua colaboración ,sen sabelo,  para o meu monólogo co seu dito !!Vivamos coma galegos !!

Moitas gracias !

Cristina.

Eii! Son Rubén Amado, do Monte das Moas, segundo clasificado da categoría bachilleres e ciclos. Aqui vai o monólogo.
Bueno, eu veño da costa da morte, e alí esto dos refráns e ditos gastámolo moito. De feito cando nacín, non o ides creer, pero tiña a cabeza grande, e o médico avisoulle a miña nai:
-Señora, seu fillo vai ser coma un chupachups.
-Doce?
-Non, cabezón
Miña nai ríose. Quen dixo medo habendo hospitales? A gracia pasoulle cando o doctor lle dixo que ian ser 18 cm de cabeza e ela se acordou por onde tiñan que saír.
De todas formas, onde funciona isto das frases feitas é ligando en bares non? Por exemplo, imaxinamos a típica frase de peli americana: “Ei guapa, ¿tienes fuego?” Mariconadas! Santa Comba, 3 da mañá, borracho coma un can: “eei, e ti cantas vacas tes?”. Ou a outra frase tipica de peli americana:”¿Que hace una chica como tu en un sitio como este?” Mariconadas! Aquí vaise o directo! Ponteceso, 4 da mañá, unha larada coma un templo: “Ei ghuapa! Ghastas pista ou cambias chuspe?” e triunfas! Esto funciona eeh! Eu con esto liguei, si, si. Unha rapaza guapa, guapa, guapa, guapa, guapa, guapa, guapa, guapa, guapa, guapa, guapa, guapa, guapa, guapa, guapa non era. Ahora, tiña un pelazo… Pero non na cabeza no, por todo. Non sabía si tirarlle os trastos ou tirarlle unha pelota. Busca Tobi! Pero bueno, foi un amor imposible, o tipico amorío de verán. Chegou setembro e eu tiven que volver para Coruña, ela seguir a xira co circo…
Así e todo, e xá para rematar, o galego está feito de frases feitas. Por exemplo.
O galego non chama por teléfono: dache un toque
En Galicia a xente non é fea, é riquiña. Espero que non haxa ninguén de Gadis na sala.
O galego non se inmuta…Boh! para que?
O galego non trata de chamarche a atención… Pero que me estas contando neno!?!?!
E por último, o galego non é un bo tipo, é a ostia. Moitas gracias.

Videos de “DE BOCA EN BOCA”

Abril 15th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

de boca en boca 1
de boca en boca 2
de boca en boca 3
de boca en boca 4
de boca en boca 5
de boca en boca 6
de boca en boca 7
de boca en boca 8

I Certame de monólogos cómicos “DE BOCA EN BOCA”

Abril 15th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

Aquí tedes as fotos do concurso de onte.
MOITAS GRAZAS A TODO  O PROFESORADO E ALUMNADO QUE ESTIVO APOIANDO.
LISTAXE DOS GAÑADORES:
1ª Categoría:
1º Premio: Juan Luis Filgueiras. ( Zalaeta)
2º Premio: Helena Conde. ( Zalaeta)
2ª Categoría:
1º Premio: Lois Soto (Zalaeta)
2º Premio: Rosalía Rodríguez. ( Zalaeta)
3ª Categoría:
1º Premio:Cristina García ( Adormideiras)
2º Premio: Rubén Amado ( Monte das Moas)
PARABÉNS A TODOS.
A VOLTA DE VACACIÓNS COLGAREMOS TODOS OS MONÓLOGOS E A PELÍCULA.

O GRAN DÍA

Abril 14th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

HOXE TEMOS O CONCURSO DE MONÓLOGOS.
AQUÍ TEDES A LISTAXE DOS PARTICIPANTES POR CATEGORÍAS.
MOITA SORTE.
MAÑÁ COLGAREMOS AOS PREMIADOS.
Listaxe participantes “De boca en boca”

1º Ciclo de ESO:

Samuel López Cabana. ( IES Francisco Aguiar)
Helena Conde ( Zalaeta)
Juan Luis Filgueiras. Zalaeta.

2º Ciclo de ESO:

Icía Rodríguez Arias ( Francisco Aguiar)
Rosalía Rodríguez(Zalaeta)
Lois Soto (Zalaeta).

Bac e ciclos Formativos:

Miguel Trobo ( Anxel Casal)
Pablo Cacheiro ( David Buján)
Ángela Botana. ( David Buján)
Rubén Amado ( Monte das MOas)
Cirstina Gracía ( Adormideiras)
Ana Crujeiras ( Adormideiras)
Brais Piñeiro ( Adormideitas)
Estefanía Caamaño (Zalaeta)
Cristina Pandelo (Zalaeta)

SAÍMOS NA PRENSA E NA REVISTA GALEGA DO ENSINO.

Abril 8th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

Animádevos aos monólogos.
Xa temos cobertura mediática:

E TRABALLANDO NAS AULAS…

Marzo 30th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

PARECE QUE OS SIGNIFICADOS EMPEZAN A AFLORAR…

PREPARANDO OS MONÓLOGOS

Marzo 30th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

Estades pasando pola exposicón e recollendo ideas

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE A ACTIVIDADE.

Marzo 23rd, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

Aquí tedes algúns arquivos que vos poden axudar a facervos unha idea máis clara do que pretendemos:

cartel a3

postal

triptico di somos

monólogos de boca en boca

Se os abrides veredes que son sobre a exposición, e sobre o proxecto, así como sobre o concurso de monólogos.

Xa temos inaugurada a exposición, estádes visitándoaa…agora só vos queda subir os monólogos ao blogue e participar no concurso. Ánimo, vai ser moi divertido e hai grandes premios.

DE VOLTA…INNOVANDO: “O DITO”

Febreiro 23rd, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

Continuamos co noso proxecto: “Di somos id”. Este ano imos traballar sobre refráns e ditos galegos.
Temos unha exposición fotográfica titulada: “O dito”do día 15 de marzo ao 14 de abril, na casa museo Casares Quiroga, na que podedes ver imaxes acerca destes temas. Imos traballar sobre elas, pensándoaas, recreándoaas… e temos como obxectivo participar nun concurso de monólogos.

Concurso de monólogos:

De boca en boca” que será o día 24 de abril no salón de actos de novacaixagalicia, Cantón Grande, 21. A Coruña,ás 19:00 horas .

Hai tres categorías:

  • 1º Ciclo de ESO
  • 2º Ciclo de ESO
  • Bacharelato e Ciclos Formativos.

O tempo máximo de cada monólogo é de 3 minutos.

Idioma: galego.

Todas as categorías teñen dous premios:

  1. Premio: un netbook.
  2. Premio: un MP3.

Os gañadores que o desexen poderán actuar no programa da TVG. “Lúar”.

Polo  momento aquí tedes un pdf . con imaxes e suxestións sobre ditos e refráns sobre os que podedes ir traballando para preparar as vosas actuacións. Pinchade neste enlace para abrilo:      O DITO

SAÍMOS NA TELEVISIÓN.

Setembro 8th, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

O próximo venres 10, ás 15.15 saímos no programa “Ben falado” na T.V.G.

podedes velo en calquera momento, entrando na páxina da T.V.G. e indo a pestana “televisión á carta”. Ben falado, programa número 320.

Parabéns.

PELÍCULA DA EXPOSICIÓN

Abril 15th, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

Aquí tedes a película da exposición, a ligazón é:


http://www.youtube.com/watch?v=P9tQsNWn17s


O VENRES 16 VISÍTANOS A TVG

Abril 14th, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

A T.V.G. ven este venres para facer un programa sobre o premio de innovación, quedades convocados os seguintes alumnos:
Juan luis Filgueira, Andrea e Raquel
Sara Rey
Paula Ríos
Eva Pardo
Manuel Soto
Fernán García
Antonio Tacón
Virginia Edreira.
SUBIDE URXENTEMENTE AO BLOGUE OS VOSOS TRABALLOS DO DÍA 26 DE MARZO. GRAZAS.

DI SOMOS ID

Abril 8th, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

Colgade os monólogos premiados e os debates premiados o día 26 de marzo neste apartado, en comentarios.

Abril 7th, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

Por favor, colgade os monólogos e os debates premiados. Grazas

a Porta do Olimpo no monte Pindo

Abril 7th, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

Un marabilloso lugar,verdade eu se tubera cartos e tivera 18 anos iria vivir para O Pindo

TRABALLO SOBRE A IDENTIDADE GALEGA. 1º DE ANTROPOLOXÍA.

Abril 7th, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

As sesións dos días 7, 8 e 13, 14 e 15 estaremos na aula de informática traballando o tema da identidade, podedes buscar información sobre calquera apartado do tema e o xoves 15 hai que colgar as vosas conclusións e comentarios, así como as fontes que empregastes nos traballos.

Marela

Marzo 31st, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

Ai que ver, todo o dia traballando para non obter nada a cambio. Con isto refirome ao traballo dos gandeiros, en especial coas vacas coa Marela. A vaca Marela non e so un nome que se lle pon as vacas coa pelaxe marron clariña; e unha especie que so se da en Galicia e que todo o mundo deberia recoñecer. Se nas estradas españolas aparece o Touro de Osborne, por que non facer o mesmo coa vaca Marela nas autovias galegas? E coas Misses, o mesmo. Estan duas semanas anunciando na television a Eleccion de Miss España, e cos concursos de vacas (nos que, por suposto, participa a Marela) so lles dan un anuncio de dous minutos na Galega, e o concurso dura media hora no Luar. Esixo que os concursos de vacas sexan retransmitidos en Telecinco, cun presentador que non sexa Galloso e en prime time! E de premio, nada de coroas de diamantes, queremos un bo cencerro de ouro  para as nosas Marelas, como Deus manda! Estas seguro que son tamen as suxerencias doutros gandeiros, pero como somos galegos… Bueno, deixovos, que a miña Marela ten que pastar. Ata outra.

QUEIMA DA FALLA

Marzo 27th, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

O venres non poido ser queimada a falla debido ás adversas condicións metereolóxicas, así que queda aprazada para o San Xoán e ao mesmo tempo CONVOCAMOS UN CONCURSO:

I CERTAME DE PREGÓN: “QUIEMA OS PREXUÍZOS”.

APÚNTATE.

GRANDES PREMIOS.

monologo

Marzo 26th, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

Ola eu veño os falar dun topico galego.
POBO MARIÑEIRO
Hai un topico sobreos galegos que como case todos non e certo ,e o de cos galegos vivimas para o mar. Eu no entendo porque algunsse creen que os galegos so vvivimos para a mar xa que non e así. Que pasa que hai que ter unha pasarela de moda para ser super chachi piruli ou ter o mellor equipo do mundo para que todos nos coñezan, pois non nos temos moitas tendas de moda que aunque non sexa o mesmo non pasa nada e tamen temos un bo equipo. Ademais de para a mar vivimos de moitas outras cousas. Vos sodes uns inxenuos seguide así se queredes vivir no voso mundo pixo. Pero eu seguirei vivindo como un bo galego. Así que eu non penso traballar na mar. ADEUS

II Certame de debate. Bacharelato e Ciclos Formativos

Marzo 26th, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

Podedes subir os vosos traballos neste apartado.
Ánimo e sorte.

II CERTAME DE MONÓLOGOS CÓMICOS.

Marzo 25th, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

AQUÍ PODEDES COLGAR OS VOSOS MONÓLOGOS. PARTICIPADE, ÁNIMO E SORTE QUE HAI GRANDES PREMIOS

ANTROPOLOXÍA 1º DE BACHARELATO

Marzo 25th, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

TRABALLOS DO ALUMNADO DE ANTROPOLOXÍA  SOBRE OS TÓPICOS IDENTITARIOS GALEGOS PARA PARTICIPAR NO CONCURSO DE DEBATE “di somos id” O DÍA 26 NO SALÓN DE ACTOS.

ESPECTACULAR QUEIMA DA FALLA “PREXUÍZOS”

Marzo 23rd, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

O 26 de marzo, no patio do instituto queimaremos unha falla na que están representados os prexuízos, quedades todos convidados ao espectáculo e a dicir: SOMOS ID.

FELICES VACACIÓNS.

CONCURSOS DÍA 26 DE MARZO

Marzo 23rd, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

1º e 2º ciclo de ESO: Creación dun monólogo cómico ( tres minutos máximo de duración) sobre un tópico ( unha imaxe), para participar no II Certame de monólogos Cómicos o día 26 de marzo no salón de actos ás 10:30

PREMIOS: ( categorías: 1º e 2º ciclo)

1º Ciclo:

1º Premio: 30 euros

2º Premio: 20 euros

2º Ciclo:

1º Premio: 30 euros

2º Premio: 20 euros

Bacharelato e Ciclos formativos:

Concurso de oratoria- debate, cada alumno escolle un tópico identitario e fala sobre él durante 3 minutos. O concurso levarase a cabo no salón de actos do instituto o día 26 de marzo ás 11:20

PREMIOS:

1º Premio: 40euros

2º Premio: 30euros

3º Premio: 20euros

4º Premio: 10euros

PREMIO Á INNOVACIÓN

Marzo 17th, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

Este blogue é unha das actividades ás que quedades convidados:
Comentade canto queirades sobre o tema dos tópicos, o próximo día 26 temos uns concursos nos que vos podedes lucir: ánimo e adiante